miércoles, 28 de marzo de 2012

Grupo axitacion social Vigo propón facer ruído o día da folga

Comunicado:
Este xoves quedamos con quen queira acompañarnos ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos, a idea é participar na mani unitaria da CXT, CUT e CNT que sairá desa praza ás 11:30h.
A nosa proposta é facer un grupo ruidoso dentro da mesma, polo que animamos a todas a levar vuvuzelas, carracas, silbatos, cacerolas, bombos, ou o elemento ruidoso preferido, tamén é un bo día para levar unha pancarta propia, coa reivindicación persoal e intransferíbel que se queira compartir co resto do mundo.
Aquí pode lerse o panfleto que imos repartir.http://galizalibertaria.org/node/1163

Actualizado por dereito a replica Un lector de TodoVigo acláranos que non é unha proposta só de GAS

Algunhas persoas e grupos que temos afinidade á hora de traballar horizontalmente contra o capitalismo (e máis cousas) en Vigo, pensamos aproveitar o pequeno paréntese de liberdade conquistada que supón a folga xeral, para atoparnos e ir xuntas, a idea non é máis que discurrir polo espazo público expresándonos e reflexionando (da forma máis ruidosa posíbel) un pouco máis alá da reforma laboral e os recortes vindeiros...

Este xoves quedamos con quen queira acompañarnos ás 11h no quiosco da Praza dos Cabalos, a idea é participar na mani unitaria da CXT, CUT e CNT que sairá desa praza ás 11:30h.

A nosa proposta é facer un grupo ruidoso dentro da mesma, polo que animamos a todas a levar vuvuzelas, carracas, silbatos, cacerolas, bombos, ou o elemento ruidoso preferido, tamén é un bo día para levar unha pancarta propia, coa reivindicación persoal e intransferíbel que se queira compartir co resto do mundo...

Este é o panfleto que imos repartir.
http://galizalibertaria.org/node/1163

No hay comentarios: