martes, 6 de marzo de 2012

Día Internacional Das Mulleres en Vigo

Con motivo do Día Internacional Das Mulleres, o xoves 8 de marzo, haberá unha concentración fronte ó Marco (Vigo) ás 20.00 horas e, deseguida, unha manifestación que irá dende a farola de Urzáiz ata a Praza da Constitución. O sábado 3 de marzo xa houbo concertos na Praza da Constitución (Vigo) para conmemorar o vindeiro 8 de marzo.
Fuente: respetoeigualdad.piesnegros.org

Antecedentes e Proclamación do día internacional da Muller Traballadora

O 28 de febreiro de 1909 celebrouse por primeira vez en Estados Unidos o Día das mulleres socialistas tras unha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos. En agosto de 1910 a Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, reunida en Copenhague, proclamou o Día Internacional da Muller Traballadora, a proposta da socialista alemá Luise Zietz apoiada por Clara Zetkin, como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas o tres primeiras mulleres elixidas para o parlamento finés. O obxectivo era promover a igualdade de dereitos, incluíndo o sufraxio para as mulleres.


O incendio na fábrica de camisas Triangle de Nova York

En marzo de 1911 máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes, morreron no tráxico Incendio na fábrica de camisas Triangle Shirtwaist de Nova York. Este suceso tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre xa que o feito de que as portas e xanelas estaban bloqueas con cadeados agarbó o incidente conviertendolo nun masacre.

Institucionalización  do 8 de marzo 

En 1913, no marco dos movementos en prol da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres de Rusia celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro do devandito ano. En 1914 en Alemaña, Suecia e Rusia conmemórase por primeira vez, de maneira oficial, o Día Internacional da Muller o 8 de marzo. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo para protestar pola guerra e para solidarizarse coas demais mulleres

No hay comentarios: