domingo, 17 de abril de 2011

PAREMOS O MASACRE IMPERIALISTA EN LIBIA! CONCENTRACIÓN, martes 19 de abril, ás 8 diante do MARCO

PAREMOS O MASACRE IMPERIALISTA EN LIBIA!

CONCENTRACIÓN, martes 19 de abril, ás 8 diante do MARCO

De novo os exércitos do gran capital europeo e ianqui acometen unha agresión militar de grande envergadura contra un povo e un país independente, coa clara intención de dividilo e facerse cos seus recursos económicos (gas, petróleo) e cumha posición de dominio estratéxica. A este crime fascista chámanlhe “intervención humanitaria”.

Os bombardeos a Libia foron “lexitimados” polo mal chamado Consello de Seguridade da ONU, e contan co apoio dos medios de manipulación masiva, empenhados en xustificar este xenocidio satanizando a figura individual de Gadafi. O certo é que as multinacionais occidentais do petróleo levaban anos queixándose dos atrancos que o réxime de Líbia lles ponhía para exercitar o libre saqueo do ouro negro. Hai dous anos, o “tirano” propuxo umha lei de nacionalización do petróleo e un reparto máis igualitario dos seus beneficios. A proposta foi rexeitada no Congreso libio. Algúns dos xefes da rebelión actual son ex-funcionarios e altos cargos militares opostos á nacionalización, foron comprados pola espionaxe das grandes potencias, en particular polos servizos do Estado francés, os británicos e os USA.

É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista israelita que, non de xeito casual, estes días bombardea e asasina salvaxemente ao povo palestino, coa cumpricidade de todos os “demócratas” do Imperio; como abandonan á súa sorte ao povo saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI, e ao mesmo povo de Marrocos en loita, como apoian a ditadura do rei feudal de Arabia Saudita, a de Barheim ou a de Iemen contra os povos indignados con toda razón pola inxustiza capitalista

que padecen e pola ausencia de liberdades ás que tenhen direito. Como o exército francés, co apoio das
tropas da ONU (!!), masacra á povoación de Costa de Marfil para derrocar a un xefe de Estado e poñer a outro máis fiel á metrópole.
Por todo o dito, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio e manifestamos:

- Que condenamos a intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país, e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora mesmo en Libia, Bahreim, Costa de Marfil, Palestina..., vítimas da acción monstruosa do imperialismo. Disolución xa da organización terrorista OTAN, e fóra bases ianquis do Estado espanhol!

- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc. A pasividade fainos cúmprices e afortala a agresividade imperialista!

- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) e os medios de comunicación ao servizo da oligarquía, así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión. Como povo galego oprimido polo imperialismo espanhol, solidarizámonos e compartimos a loita do povo libio pola súa sobrevivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.

-Que apelamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio contra as agresións imperialistas ao povo de Libia que se convoquen mentres se manteña a criminal acción da OTAN.

Asemblea Aberta Contra a Agresión Imperialista

que padecen e pola ausencia de liberdades ás que tenhen direito. Como o exército francés, co apoio das
tropas da ONU (!!), masacra á povoación de Costa de Marfil para derrocar a un xefe de Estado e poñer a outro máis fiel á metrópole.
Por todo o dito, reafirmamos a nosa solidariedade co povo líbio e manifestamos:

- Que condenamos a intervención imperialista, esixindo o fin inmediato desta agresión criminal e o respecto pola independencia e soberanía deste país, e que condenamos igualmente a escravitude capitalista que queren impór en calisquera parte do mundo, que se manifesta con especial crueza agora mesmo en Libia, Bahreim, Costa de Marfil, Palestina..., vítimas da acción monstruosa do imperialismo. Disolución xa da organización terrorista OTAN, e fóra bases ianquis do Estado espanhol!

- Que expresamos a nosa chamada de atención e a nosa alerta polas repercusións e plans que esta nova intervención imperialista pode ter sobre o futuro inmediato doutros povos do mediterráneo, no Próximo e no Medio Oriente, etc. A pasividade fainos cúmprices e afortala a agresividade imperialista!

- Que repudiamos a cumpricidade criminal e a co-responsabilidade lacaia asumida polo Goberno Espanhol e os grandes partidos do réxime (PSOE, PP, etc) e os medios de comunicación ao servizo da oligarquía, así como a participación do Reino de Espanha neste acto de agresión. Como povo galego oprimido polo imperialismo espanhol, solidarizámonos e compartimos a loita do povo libio pola súa sobrevivencia e soberanía, hoxe ameazadas polos inimigos da humanidade.

-Que apelamos a todos os colectivos, organizacións, persoas e forzas amantes da Paz e da Xustiza ás concentracións e accións de repudio contra as agresións imperialistas ao povo de Libia que se convoquen mentres se manteña a criminal acción da OTAN.

Asemblea Aberta Contra a Agresión Imperialista

PAREMOS O MASACRE IMPERIALISTA EN LIBIA!

CONCENTRACIÓN, martes 19 de abril, ás 8 diante do MARCO

De novo os exércitos do gran capital europeo e ianqui acometen unha agresión militar de grande envergadura contra un povo e un país independente, coa clara intención de dividilo e facerse cos seus recursos económicos (gas, petróleo) e cumha posición de dominio estratéxica. A este crime fascista chámanlhe “intervención humanitaria”.

Os bombardeos a Libia foron “lexitimados” polo mal chamado Consello de Seguridade da ONU, e contan co apoio dos medios de manipulación masiva, empenhados en xustificar este xenocidio satanizando a figura individual de Gadafi. O certo é que as multinacionais occidentais do petróleo levaban anos queixándose dos atrancos que o réxime de Líbia lles ponhía para exercitar o libre saqueo do ouro negro. Hai dous anos, o “tirano” propuxo umha lei de nacionalización do petróleo e un reparto máis igualitario dos seus beneficios. A proposta foi rexeitada no Congreso libio. Algúns dos xefes da rebelión actual son ex-funcionarios e altos cargos militares opostos á nacionalización, foron comprados pola espionaxe das grandes potencias, en particular polos servizos do Estado francés, os británicos e os USA.

É sintomático ver como ao tempo que agreden Libia, conspiran contra os movimentos de emancipación popular e de liberación nacional en Túnez e Exipto que se ergueron recentemente contra as súas tiranías e castas corruptas; como afortalan o criminal Estado sionista israelita que, non de xeito casual, estes días bombardea e asasina salvaxemente ao povo palestino, coa cumpricidade de todos os “demócratas” do Imperio; como abandonan á súa sorte ao povo saharauí masacrado pola tiranía da monarquía marroquí de Mohamed VI, e ao mesmo povo de Marrocos en loita, como apoian a ditadura do rei feudal de Arabia Saudita, a de Barheim ou a de Iemen contra os povos indignados con toda razón pola inxustiza capitalista.

http://asembleaabertavigo.piesnegros.org/

No hay comentarios: