O luns 4 de abril estivemos na Casa da Cultura para presenciar a conferencia "As revoltas no mundo árabe" impartida por Mohamed Safa convidados pola Asemblea Republicana de Vigo
|
Mohamed Safa xunto a Celso-López Pazos |
Nado en Nablús (Palestina), Mohamed Safa é medico oftalmologo e exerce a súa profesión no Hospitald de Cee( A Coruña). Foi durante os seus anos de estudante en Compostela un activo referente e voceiro da resistencia palestina en Galiza onde foi Presidente do Sindicato de Estudiantes Palestinos e vicepresidente da mesma asociación para todo o estado. Activo conferenciante, sempre presente en todos os foros que reclamen a súa presencia, representante da OLP na Galiza entre 1986 e 1992 e radicalmente involucrado na defensa do seu pobo , Safa é tamén estudoso da historia e da cultura do seu país e ten publicado "Palestina, tierra de luz y sombra" (1991) e "Palestina, grito por la Libertad, apuntes para unha historia de Palestina" (Edicións do Castro 2003)
Recomendamos seguir con atención o seguinte vídeo de hora e media, onde Safa desmitifica moitos conceptos que os medios masivos de comunicación encargáronse de distorsionar durante décadas.
Xa que parte do equipo human de
Rompendo Muros e
TodoVigo é o mesmo o vídeo está realizado para ambos os medios aínda que se agradece que sexa compartido noutras páxinas web.
Este vídeo está baixo licenza libre
Non se permite uso comercial
Permítense obras derivadas e redistribución
sempre que se mencione a fonte
Música utilizada
Tango de Alexandr_Filippov
http://www.jamendo.com/es/artist/alexandr_filippov
Vídeo realización e montaxe
www.muchamufa.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario