Sobre a reclamación xudicial da FAVEC contra Seragua-Aqualia
É rotundamente falso que a Federación Veciñal teña abandonado a súa histórica reclamación polos cobros excesivos no recibo da auga.
Fuente: FAVEC
Perante un correo electrónico que foi dirixido por unha persoa (ou persoas) de xeito anónimo a asociacións veciñais federadas na FAVEC e aos medios de comunicación, a respecto do histórico proceso de reclamación xudicial contra Seragua-Aqualia polos cobros excesivos, a Comisión Permanente da federación quere informar publicamente, como xa o fixo hai varios días a todas as asociacións federadas a través dunha circular, do seguinte:
O Despacho do avogado Juan Colón que é a través do cal a FAVEC exerceu todas as accións legais a respecto dos sobrecobros de Aqualia, comunicounos que o Tribunal Supremo, perante o que a anterior Comisión Permanente presentara un recurso de casación contra dunha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (que daba por executada parcialmente a sentencia condenatoria contra Aqualia, ao non terse acadado o acordo entre as partes que pautaba na súa parte executoria), formuloulle unha pregunta a respecto da hipotética e probábel inadmisión do recurso, xa que ningún dos recibos indebidamente cobrados supera os 150.000€ que serían preceptivos para a súa admisión. Este extremo, da posíbel inadmisión, xa fora advertido por Juan Colón á anterior Comisión Permanente no intre da presentación do recurso. Así mesmo Juan Colón informou á Comisión Permanente das posíbeis consecuencias que tería tanto continuar co recurso se este fose finalmente inadmitido como desistir del neste punto, advertindo que calquera das dúas decisións serían ao seu xuízo axustadas a dereito e correctas en tanto ningunha delas daba por finalizado ou pechado o proceso de reclamación.
Así mesmo realizouse unha segunda consulta xurídica a outro bufete da cidade, da que se extraía a recomendación de desistir do mesmo en función do sinalado polo avogado que leva a causa.
En base a esas dúas consultas xurídicas, e conforme ao nelas sinalado, atendendo ao apremio legal de tomar unha decisión, desde o afán de evitar posíbeis consecuencias xurídicas (relativas a costas e outros…) que puidesen sobrevir de manter o recurso de casación que moi probabelmente sería desestimado, a Comisión Permanente o 7 de outubro decidimos por unanimidade desistir del.
Esa decisión non supón, como xa se indicou anteriormente, que se finalice ou se desista da reclamación perante Aqualia, existindo actualmente vías e recursos legais para a proseguir. Neste momento, unha vez desistido dese mecanismo concreto –pero non da causa-, a Comisión Permanente avaliará a reformulación da estratexia xurídica da reclamación a través dos mecanismos legais que están ao noso dispor. Trátase pois dunha decisión que ten a ver coa estratexia xurídica pero que non supón, en absoluto, que se dea por rematada a lexítima reclamación impulsada por esta federación.
En consecuencia, é rotundamente falso que a Comisión Permanente da FAVEC decidira “regalar 1 millón de euros ao Concello e a Aqualia” como se sinala no correo electrónico que orixina esta aclaración. Entendemos esa afirmación como unha intoxicación gratuíta e malintencionada que non se axusta en absoluto á realidade, e que só pode ter por pretensión descualificar ao actual equipo directivo da FAVEC e ao movemento veciñal, ou no mellor dos casos, como unha conclusión precipitada resultado da complexidade legal deste tipo de procesos.
A efectos de clarificar esta cuestión, e tamén de cara a toma de decisións a respecto de cómo reorientar o proceso de reclamación contra Aqualia –que en opinión unánime da Comisión Permanente o movemento veciñal vigués debemos continuar- cos mecanismos legais que fican abertos ao noso dispor, este asunto será incluído como punto de información e debate na orde do día dunha Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación que será proximamente convocada, na que se dará unha explicación en detalle e se achegarán os elementos que argumentaron a decisión da Comisión Permanente.
A Comisión Permanente.
10/11/2010
Etiquetas
15MVigo
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
cacicadas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
casco vello
charlas
colectivos
Comarca y alrededores
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
Desfeites
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
Notas publicadas con retraso
novas
ons
pobreza
Poesía
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
Teis
trasporte
videos
Vitrasa
wifi gratis
xancarajazz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario