sábado, 9 de octubre de 2010

XIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

XIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL
Desafío, improvisación e inxeño


9,10 E 12 DE OUTUBRO NO VERBUM EN SAMIL E NO AUDITORIO DO
C.V.C.VALLADARES NO PEDREGAL – DE BALDE -

PROGRAMA
Sábado día 9:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro de iniciación a improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Re-tranca literaria e musical

Domingo día 10:
12,00 a 13,30 h.-Verbum: Obradoiro de iniciación e improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Auditorio do CVC Valladares-Pedregal: Mostra Internacional de
Regueifas
Martes día 12:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro iniciación a improvisación en verso
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Encontro de nov@s regueifeir@s e rapeir@s

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A IMPROVISACIÓN EN VERSO NO VERBUM

9,10 E 12 DE OUTUBRO DE 12,00 A 13,30 H.

DE BALDE

Sábado día 9:
12,00 a 13, 30 h.- A REGUEIFA, con:
XOSÉ MANUEL VARELA (Bergantiños)
PINTO D ´HERBÓN (Herbón – Padrón)

Domingo día 10:
12,00 a 13,30 h.- A TROVA COLOMBIANA con:
RADIO LOCO E PICAFLOR Troveros colombianos)

Martes día 12
12,00 a 13,30 h.- O TEATRO IMPROVISADO APLICADO A REGUEIFA con:
PEPA YAÑEZ (Actriz)

Aviso: Aínda que non é obrigatoria a inscrición si que é recomendable facelo, ben no
teléfono 986467053 , fax: 986467052 ou nos e-correos: cvallada@ctv.es ou oral@regueifa.org, para
ter unha previsión de asistencia. Os que asistan a 3 obradoiros están convidados ó xantar regueifeiro
do día 12 de outubro (hai que confirmala asistencia). Os que ademais se suban ese mesmo día ó
escenario percibirán unha pequena gratificación en concepto de axuda de desprazamento

CENTRO CULTURAL, ARTÍSTICO E RECREATIVO DE VALLADARES
ESTRADA XERAL DE VALLADARES Nº 261
36.315 - VIGO
TELF: +34 - (9)86 - 467053
FAX: +34 - (9)86 - 467052
Http:www.ctv.es/USERS/cvallada
E-mail: cvallada@ctv.es

LIMIAR:

Despois de 15 anos de iniciada a andaina para tratar de por en valor a improvisación
oral en verso do País (aínda que esta sexa a XIII edición que celebramos), podemos dicir
que o Festival ten unha estructura consolidada, na que se podería, sen dúbida afondar, pero
dado os tempos que corren conformarémonos con poder mantela ata que o temporal amaine.

O MAIS SALIENTABLE DESTA EDICIÓN

1º.- O obradoiro de iniciación a improvisación renova o seu profesorado, tocándolle este
anos pasar por el a Pinto d ´Herbón, acompañado por un experto bergantiñán nas tradicións
populares da bisbarra, ós troveros colombianos que nos poran en contacto coas técnicas
latinoamericanas e o derradeiro día a actriz performer cabareteira,... Pepa Yañez, que xa
conta cunha dilatada e vivificante traxectoria na escea galega.

2º.- No día adicado a Literatura e Música retranqueira este ano tratamos de misturar a poesía
de formas modernas representada por Serxio Iglesias, Raul Gómez Pato ou Calros Solla con
textos recollidos da cultura popular por prestixiosos estudiosos como Antón Cortizas ou
Xosé Manuel Varela, ámbos dous procedentes de terras coruñesas. Para tratar de dinamitar
esta dicotomia convidamos sempre estimulante prosista, neste caso vestido de monologuista
improvisado, Santiago Jaureguizar.

3º.- Na Mostra Regueifeira temos ocasión de ver de novo os colombianos “Los Troveros del
Sur” e ó payador arxentino Wilson Saliwonzyk que terán que medirse cos nosos cada vez
máis experimentados e divertidos Regueifeiros.

4º.- Para @s nov@s reguifeir@s temoslle preparado un escenario cheo de minas a xeito de
probas lingüisticas e performáticas sementadas pola “Coronelesa” Pepa Yañez, que
confiamos superen con habilidade senón queren quedarse no campo de entrenamento.

5º.- Ese mesmo día agardamos que os rapeiros que convidamos este ano superen o listón tan
alto que deixaron o ano pasado os integrantes do colectivo 504, estaremos espectantes a ver
que armas usan para superar ese reto “que a improvisación os acompañe”.

6º.- Os nosos colaboradores da Asociación Oral de Galicia fannos chegar tamén varias
mensaxes para tódol@s interesad@s no arte da improvisación en verso:

a) Moi pronto estará dispoñible a “Metodoloxía da improvisación en verso,
elaborada pola Pedagoga Marina Porto Crespo, contratada a través do Plan de
Cooperación da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar Social)

b) Na edición do vindeiro ano trátarase de presentar tamén o Estudo paradigmático
da improvisación en verso na Galiza e a lusofonia que está redactando por conta
desta asociación o Historiador e musicólogo da parroquia Ramón Pinheiro
Almuinha.

c) Posiblemente, tal e como prometera no seu día o Tenente de Alcalde do Concello
de Vigo, poidamos dispor no curso 2011-2012 dun obradoiro experimental de
formación de regueifeiros que abra as portas a creación da 1ª Escola permanente
do País. É evidente que este soño so será posible si existen interesad@s en
formar parte del.

d) Lembrádevos que xa tendes unha web (regueifa.org) na que curiosear
periodicamente e seguir os improvisadores no seu percorrido por Galicia. Nese
mesmo espazo tamén podedes propor espazos nos que amosalo arte destes
prestidixitadores da palabra.

PROGRAMACIÓN

Sábado 9

19,00 h.- Retranca Literaria e musical no Verbum
Apertura: Santiago Jaureguizar co monólogo “Todos somos escritores (máis algúns non
sabemos disimulalo).
Xornalista de “El Progreso” e escritor lugués de orixe vasca, ten sacado do prelo
numerososas publicacións dirixidas tanto ó público xuvenil como adulto nas que sempre
trata de entreter ó lector. Cabe suliñar “Fridom Spik”, “Todo a cen”, “Comendo
espaguetis diante da televisión”, “A rutina corsaria”, “As horas sociais,...

19,15 h.- Raul Gómez Pato
Poeta ourensán licenciado en Filoloxía clásica e profesor de latín e grego, é tamén pintor,
gravador e tradutor. Este polifacetico artista xa ten editado varios poemarios entre eles :
“Choiva, vapor e velocidade”, “A casa deshabitada da familia Pena”, “Verba quae
supersunt”e o derradeiro, “Tratado de zooloxía para corazóns mareados en edicións
Positivas.

19,30 h.- Antón Cortizas
Profesor e investigador de longa traxectoria, sobrancea como autor de literatura infantil e
xuvenil, sendo galardoado con numerosos premios ó longo da súa prolifica e variada
carreira. Unha mostra da súa polivaleancia é que desta volta traémolo para que amose
algúns dos contidos do derradeiro libro “Ao pe da Laxa da Moa”, “ Literatura de tradición
oral de Carnota”, como moitos dos anteriores editado por Xerais.

19,45 h.- Ivan e Josito
Este duo lugués que iniciou a andaina no ano 2001 é especialmente coñecido na súa
provincia, aínda que co seu 1º disco “Mundo de risa” realizaron unha xira de presentación
por toda a xeografía estatal. O repertorio abrangue temas de contido máis transcendente
con outros máis retranqueiros e non por iso menos serios. Estes últimos serán os que
interpreten para nós.

20,00 h.- Xosé Manuel Varela
Especialista en lingua e literatura galega e traductor. Na actualidade exerce de docente no
ensino medio a vez que colaboura con medios de comunicación, asemade fai de
dinamizador lingüistico e cultural na Costa da Morte que é onde centra o seu universo de
creación e investigación como acreditan a edición de escritores do rexurdimento literario
galego (S. XIX) na de poetisas populares bergantiñás e outros.

20,15 h.- Serxio Iglesias
Aínda que nado en Bos Aires, criouse na Coruña e deuse a coñecer como poeta nos 80
escribindo en revistas (Agalia, Luzes,...) e resultando premiado en varios certames
literarios. Asemade integrou dous nomeados colectivos poéticos como foron O Batallón
Literario da Costa da Morte e o inefable e influinte Ronseltz. Na actualidade é profesor.

20, 30 h.- Calros Solla
Repite entre nos este profesor, activista social e activo poeta posuidor dunha linguaxe fértil,
profunda e radicalmente creativa. Seria imposible neste reducido espazo enunciar tódolos
seus escritos que van do ensaio a crónica e ó xornalismo, pero como poeta cabe salientar a
entoloxía “Ras e tritongo”, ¨”Libro de reclamacións” “reGaliza e outras chuches” e
“Cerdedo in the Voyager I”, na actualidade reeditado por Morgante. Si pode presentará
algúns dos seus poemas na compaña de varios dos compoñentes dos “Chichisos” de
Pontevedra.

20,45 h.- Tetra e Freek
Duo de “Ponk” composto por un picheleiro e un andaluz, fachandean de misturar o auga
co aceite (dentro do eido musical) e de ser o grupo máis provocadoramente divertido da
escea galega contemporanea. Nas súas actuacións so recollen ou ben éxitos clamorosos ou
ben fracasos estrepitosos. Agardemos que desta volta no recollan unha man de oxti.... e que
a policia non teña que chapar o Verbum.

DOMINGO 10

19,00 H.- XIII MOSTRA INTERNACIONAL DE REGUEIFAS NO AUDITORIO DO
CVC VALLADARES, SITO NO PEDREGAL
Apertura e presentación do evento por Bieito Lobariñas

19,10.- REGUEIFA BERGANTIÑÁN
- Suso de Xornes
- Antonio de Xornes
19,30.- REGUEIFA DO PAÍS
- Luis “O Caruncho”
- Josiño da Teixeira
19,50.- MESTURA PAYADA – REGUEIFA
- Wilson Saliwonzyk (Arxentino)
- Pinto d`Herbón (Galicia)
20,15.- TROVA COLOMBIANA
- Los troveros del Sur (Colombia)
. Edwin (Radio Loko)
. Jhon – Picaflor
20,45.- Despedida colectiva

MARTES 12

19,00.- ENCONTRO DE NOV@S REGUEIFEIR@S E RAPEIROS NO VERBUM


Apertura e presentación do evento pola mestra de ceremonias “Pepa Yañez”

19,10.- Espectáculo de improvisación coa participación de nov@s fistores galegos
procedentes de Escolas e Tabernas do País.

20,00 h.- Exhibición de Rap en estilo libre cos MC´s
- Naipillo e Peter de Compostela
- Pablo e Thomas da bisbarra de Pontevedra
- Dj Gus, de Beatus Illie.

Enderezos:
Verbum (Avda. Samil s/n) Auditorio do CVC Valladares Pedregal – Estrada Xeral
de Valadares 261 – Vigo. Webs: ctv.es/USERS/cvall


CENTRO CULTURAL, ARTÍSTICO E RECREATIVO DE VALLADARES
ESTRADA XERAL DE VALLADARES Nº 261
36.315 - VIGO
TELF: +34 - (9)86 - 467053
FAX: +34 - (9)86 - 467052
Http:www.ctv.es/USERS/cvallada
E-mail: cvallada@ctv.es

No hay comentarios: