viernes, 15 de octubre de 2010

Homenaxe aos cidadáns asasinados no Castro de Vigo, Sábado 16 de Outubro ás 18:00 horas.

Asociación Viguesa pola Memoria do 36: 

Acto: LUGAR DE MEMORIA. Inauguración dunha placa e ofrenda floral.
Lugar: Porta do Castelo de O Castro.
Día: Sábado 16 de outubro do 2010, ás 18:00 horas  (6 do serán)

Acto de homenaxe e recoñecemento aos máis de 136 homes asasinados contra  os muros do castelo do Castro entre agosto do 1936 e abril do 1942, despois de ser sometidos a torturas e condenados a morte acusados de REBELIÓN MILITAR, en xuizos sumarios.

Queremos manifestar, que en este acto non imos honrar aos “mortos na guerra civil española”. Imos honrar os asasinados polo fascismo franquista.

Queremos deixar claro que en Galicia non houbo guerra, e que as matanzas foron selectivas, cumplindo as “consignas” do xeneral Mola:
“se tendrá en cuenta que la acción ha de ser extremadamente violenta para reducir al enemigo que es fuerte y bien organizado.  Desde luego serán encarcelados todos los directivos de partidos  políticos, sociedades y sindicatos no afectos al movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas.  ¿Parlamentar? ¡¡Jamás!!  Esta guerra tiene que terminar con el EXTERMINIO  de los enemigos de España Hay que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación eliminando, sin escrúpulos ni vacilación, a todos los que no piensen como nosotros.  Cualquiera que sea abierta o secretamente defensor del frente popular debe ser fusilado”.  E, ademáis, que as matanzas entre o 1939 e  1942, están fora do periodo de guerra.
Arestora, estase outra volta, a querer xuntar vítimas e verdugos como si todos foran da mesma caste. Pois non. As vítimas teñen o seu lugar na historia e os verdugos tamén, pero cadaquén no lugar que lle corresponde, e porén
ESIXIMOS
VERDADE, XUSTIZA E REPARACIÓN

No hay comentarios: