martes, 25 de mayo de 2010

O proxecto ‘Enconserva’ nace co fin de crear un espazo común para os artistas do Morrazo

sábado, 12 de junio de 2010 a las 19:00 al Domingo, 13 de junio de 2010 a las 22:00
NAVE DAS REDEIRAS (PORTO DE CANGAS DO MORRAZO)

O proxecto ‘Enconserva’ nace co fin de crear un espazo común para que os artistas do Morrazo e do entorno da Ría de Vigo poidan exhibir as súas creacións de forma aberta ao resto dos cidadáns e fóra das salas de exposicións tradicionais.

O principal obxectivo da iniciativa céntrase en promover unha exposición colectiva onde teñan cabida as distintas disciplinas artísticas: pintura, escultura, fotografía, ilustración, vídeo, teatro, literatura e música, entre outras.

Para lograr unha unidade neste traballo, propuxose centrar a actividade arredor dun tema común: a antiga fábrica conserveira de Massó.

Despois dun amplo debate e podendo ser o obxecto desta actividade calquera outra temática, optouse finalmente pola industria que durante décadas deu emprego en Cangas a máis dun milleiro e medio de persoas, a superfactoría de O Salgueirón.

A Asociación Cultural Deskarga Furtiva encabezará a organización do programa, actividade aberta a toda proposta que propoñan os artistas participantes.

Co claro propósito de abordar o tema de Massó e a súa salientable figura como un dos principais elementos patrimoniais da historia recente do municipio cangués, a organización considera que existe un enorme potencial documental arredor de Massó, que pode servir de fío condutor do conxunto das manifestacións artísticas. Achegar, desde a arte, esta peza fundamental da historia de Cangas ás novas xeracións, e facer lembrar ás máis veteranas o que supuxo a vida na fábrica, a súa importancia social e económica, a súa arquitectura, os seus avances sociais no referente aos servizos de que dispuñan os traballadores e moitos outros aspectos en relación ao que foi este ‘imperio’ da industria conserveira. A fábrica canguesa foi a maior de Europa no sector. Na inmensa maioría das familias canguesas e do resto do Morrazo, algúns dos seus membros traballaron, de forma directa ou indirecta, na fábrica. O proxecto ‘Enconserva’ intentará, así, rememorar aqueles anos e devolver aos verdadeiros protagonistas da historia parte da súa memoria.

Programa do evento Sábado 12 de xuño

19.00. Apertura da mostra de arte na nave de redeiras (son serea).

22.00. Peche da exposición.

23.00. Proxección nocturna de fotografías, acompañada dunha actuación en directo do violonchelista José Ramón Rocha.

23.30. Actuación de la compañía Teatro Nu.

00.30. Proxección de vídeos documentais sobre Massó.

Domingo 13 de xuño

12.00. Apertura da exposición na nave de redeiras (son serea).

12.30. Actuación de la Coral Santiago Apóstol de Cangas na nave de redeiras.

13.00. Degustación de conservas da marca Massó e outros produtos xunto á nave de redeiras.

13.30. Actuación de ‘O Neto de Manoel’ xunto á nave de redeiras.

14.30. Peche exposición.

17.30. Repaertura da exposición (ata as 22 horas) e proxección de vídeos na nave.

18.30. Exhibición do debuxante Luís Davila, que realizará unha viñeta a gran tamaño.

19.30. Pintado dun mural con ilustracións da fábrica de Massó dirixido ao público infantil.

21.00. Actuación del grupo Balea’s Blues Quintet xunto á nave de redeiras.

22.00. Peche do programa.

Tamén se convocará un certame de debuxo nos colexios, titulado ‘A fábrica de Massó’, cuxos traballos se exporán logo na nave de redeiras.


Artistas involucrados:

PINTURA/ESCULTURA
Anselmo Rodríguez Grande
Camilo Caamaño Xestido
Fernando Calvar
Nando Boubeta
Luís Davila
Eva Calvar
José Soliño
Lito Portela
Bladimiro Mielgo
Ana Cortizo
Olga Cerviño
Nuria Guardiola
Nel Díaz Piñeiro
Raúl Velloso
Francisco Latorre
Juan Fernández Rivas
Hermanos Sobreira (Joaquín e Ricardo)
Elena Diéguez
Manuel Varela
Xavier Ríos

ILUSTRACIÓN
Ana Villegas
Pablo Cerviño
Alberto Guitián
Jaime Asensi

VÍDEO
Alfredo Vázquez
Massimiliano Lanza
Mónica Rial

FOTOGRAFÍA
Asociacion Cultural ‘A Cepa’
Miguel Riopa
Colón
Gonzalo Núñez
Marcos Canosa
Nuria Pérez
Miguel Núñez
Xabier Castro
Rosa González
Laura González
Concha Lagoa
Rosa Neutro
Carla Carracelas

MÚSICA/TEATRO
Teatro Nu
José Ramón Rocha
Balea’s Blues Quintet
O Neto de Manoel
Coral Santiago Apóstol de Cangas

TEXTOS
Xosé Vázquez Pintor
Francisco Alfaro
Francisco Jalda

No hay comentarios: