domingo, 2 de mayo de 2010

concentracion de apoio a resistencia de oaxaca

concentracion de apoio a resistencia de oaxaca atenco e chiapas
mercores 5 de maio as 19.30 no marco ou vellos xulgados de vigo

logo da escalada de violencia estes dias en oaxaca
na rexion triqui foron asasinadas duas pesoas:una oaxaqueña, defensora de dereitos indixenas
e un finlandés, observador de dereitos humanos,
a militarizacion e impunidade en chiapas
e estes dias cúmprense catro anos da brutal represion a atenco e a otra campaña
da que ainda temos 12 presos politicos


denuncia das agresion e impunidade
e solidariedade coa resistencia de oaxaca atenco e chiapas

fugaemrede

oaxaca atenco e chiapas

resistencias indixenas golpeadas pola represion

Oaxaca e Chiapas son dous estados maioritariamente indixenas

no sul da republica mexicana á beira do oceano pacifico

e Atenco é unha poboacion proxima a cidade de mexico,

estes son tres dos lugares das mellores propostas comunitarias

deste pais e tamen as rexions mais golpeadas polos gobernos,

os paramilitares, os narcos, as multinacionais mineiras, farmaceuticas

e de falsas enerxias sustentables ...

Oaxaca e Chiapas SON duas das rexions mais ricas da republica

e cos maiores indices de explotacion e pobreza...

Oaxaca

O pasado dia 27 de abril na rexion triqui do estado de Oaxaca

unha caravana de varias camionetas que saiu da capital de oaxaca

con defensores, observadores de dereitos humanos, medios libres

de mexico e doutros paises que queria entrar nunha zona de conflicto

foi balaceada polos paramilitares afins ao goberno do PRI do estado

que tiñan sitiada a poboacion de copala que no 2007 se declarou

municipio autonomo,o resultado foron dous mortos seis desaparecidos

e acosados durante varios dias e varios feridos de bala,

a oaxaqueña defensora de dereitos indixenas Bety Cariño foi asasinada

igual que o observador de dereitos humanos Jyri Jaakkola de Finlandia,

que se suman a outros dezasete asasinados desde novembro do 09

Durante estes dias producironse en mexico e noutros paises

diversos actos de denuncia publica destes crimes e da impunidade

dos culpables doutros asaninatos nos ultimos anos.

En xullo hai eleccions estatais e o ilexitimo e represor gobernador

que fuxira da rexion na revolta pacifica do 2006 e que voltou ao poder

con vintetantos asasinados, mais de douscentos presos e un numero

descoñecido de desaparecidos ameaza con deixar o cargo con mais sangue

Atenco

Esta pequena poboacion ao este de mexico distrito federal

ten unha historia de desobediencia civil pacifica que venceu

o macroproxecto do goberno federal de facer nas suas terras.

O tres e catro de maio do 2006 esta poboacion e o movimento

de la otra campaña de inspiracion zapatista do que formaban parte

foron brutalmente represaliados polos gobernos federal do PAN

estatal do PRI e local do PRD cun saldo de dous asasinados,

douscentos presxs, cincoenta violacions e centos de golpeados,

catro anos despois seguen no penal de el molino de flores

nove veciños de atenco cunha sentencia de trinta e un anos,

e tres compañeiros do frente en defensa de la tierra

están nunha prision de maxima seguridade, héctor e felipe

con sesenta e sete anos de condea e nacho sentenciado

a cento doce anos de prision por defender pacificamente

a sua terra pero con delitos inventados.

No penal de el molino segue un plantón ou campamento de apoio

e denuncia con compas de la otra campaña desde hai catro anos

Chiapas

Os municipios autonomos zapatistas desde o levantamento indixena

do ano 1994 son un exemplo para Mexico e o mundo, un exemplo

de comunalidade que molesta as estructuras do neoliberalismo

e dos seus aparatos gubernamentais.

O estado de Chiapas a dia de hoxe segue a ser militarizado

e a violacion de dereitos humanos e a impunidade non para.


Desde o colectivo fugaemrede denunciamos as agresions e a impunidade

e facemos un chamamento a solidariedade

con Oaxaca Atenco Chiapas e todas as resistencias do outo mexico

fugaemrede.info

No hay comentarios: