miércoles, 27 de junio de 2012

IV Encontro da Rede de Hortas de Vigo

IV Encontro da Rede de Hortas de Vigo.
Sábado 30 de xuño.
Na horta do Barrio do Cura. Entrada polo arco de Santa Marta, esquina Torrecedeira.

12.30 h. Presentación da horta do barrio do Cura.
13.00 h. Xuntanza da Rede de hortas.
14.00 h. Xantar colectivo.
16.30 h. Obradoiro: Tratamentos naturais fronte a plagas e enfermidades na horta (a cargo dun productor ecolóxico).

Contacto: redehortasvigo@yahoo.com  ou  cascokupa@hotmail.com 



jueves, 14 de junio de 2012

Esta próxima fin de semana colectivos de toda España tomarán as rúas


Esta próxima fin de semana colectivos de toda España tomarán as rúas. Dende Sevilla ata Barcelona, dende Madrid ata Vigo, a xente está a se erguer para reclamar os seus dereitos e esixir que os gobernos xestionen para a cidadanía, e que deixen de protexer a bancos e multinacionais, causantes dunha crise que nos obrigan a pagar ao resto.

De novo, o momento de unirnos chegou, nunha chamada de atención masiva, a escala nacional. O partido gobernante, incumprindo as súas propias promesas electorais, actúa en beneficio duns poucos poderosos, desoíndo a vontade da maioría, sen importarlles o máis mínimo a repercusión dunhas decisións que provocan a desigualdade e a quebra social. 

En Vigo, atoparémonos fronte á casa do Concello, o domingo 17 ás 18:00h para realizar una marcha que fará un percorrido por Venezuela, Gran Vía, Urzaiz ata o farol de Príncipe baixo o lema “NON É UN RESCATE, É UNHA ESTAFA”.

Hai que pór fin a esta intolerable situación. Cunha soa voz faremos saber ás cúpulas políticas, e ás elites financeiras ás que serven, que agora, nós, as persoas, reclamamos o que nos pertence por natureza: o poder de decisión sobre o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros.

A través desta marcha reclamaremos o noso dereito a participar activamente na vida democrática do noso país, da nosa cidade, da nosa comunidade. Para isto esiximos que esta medida unilateral, imposta por un goberno deslexitimado polas súas falsedades e incongruencias, sexa refrendada por toda a cidadanía vía REFERENDO VINCULANTE de xeito inmediato. 

Manifestarémonos pacificamente, debateremos e nos organizaremos, con determinación, ata conseguilo. Volve ser a hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten. Tomamos a rúa o 17 de xuño!

miércoles, 13 de junio de 2012

Reunión formativa sobre Cooperativas Integrais


A charla tratará sobre o como e porque crear cooperativas e logo integralas.

Falarase de CoiGa, de CION (Cooperativas Integrais Oeste Norte) e de que é unha Cooperativa Integral.

Algo moi grande está a cocerse no noroeste de España. En Vigo deberiamos coordinarnos coa Cooperativa Integral de Galicia (CoiGa) e coas Cooperativas Integrais Oeste Norte (CION), para traballar xuntas.

Esta será unha moi boa oportunidade para iniciarche no tema ou relacionarte con outras persoas interesadas.

O evento realizarase en mércores 13 de xuño ás 17hs no local de 15M Vigo  Marqués de Valterra, 5, Vigo

martes, 12 de junio de 2012

VI Festival sons da Lameria (Matmá, Vigo)

O festival SONS DA LAMEIRA está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá que teñen entre a xente nova a maior parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA e a ASOCIACIÓN XUVENIL DE ACTIVIDADES DE OCIO DE MATAMÁ.

Nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia de Matamá durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter, e levar a bo término dun xeito coordinado e serio, iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral.

VENRES 6 E SÁBADO 7 DE XULLO NO TORREIRO DE MATAMÁ (VIGO)

(VENRES 6;22:00H): MATAMAFOLC ABÓBRIGA,O FIADEIRO,ZURRUMALLA e OS CUCHUFELLOS. E DE ENTREGRUPOS: PELEPAU, SOBRE RODAS.
(SÁBADO 7;20:00H): ESCENARIO MALAHERBA: ESCUELA DE ODIO,DAKIDARRÍA,DIOS KETE CREW e FALPERRYS. ESCENARIO XUVENTUDE: LOS KUALKIERA, ATLANTIC VALLEY, BLUE JEANS e OS NARVAIS.
ÁS 16.30 H. do sábado comezará o xá clásico torneiño mixto de brilé, que dará paso a celebración dos concertos.

Máis nfo: www.sonsdalameira.com

domingo, 10 de junio de 2012

40 persoas concertáronse onte en Vigo para solidarizarse co saharauí Lafkir Kaziza

Unhas 40 persoas concertáronse onte en Vigo de maneira espontánea para solidarizarse co saharauí Lafkir Kaziza   que permanece hai unha semana en folga de fame para esixir un xuízo xusto ou liberación dos presos políticos saharauís, segundo os participantes que se auto convocaron ao coñecer a situación de Kaziza  e as convocatorias en Madrid e outras cidades, esta concentración improvisada serviu para reunir aos vigueses solidarios coa causa  e prometen unha concentración para a próxima semana coa participación da comunidade saharauí da cidade de Vigo a quen piden desculpas por non habelos feito participes en tempo e forma por mor do improvisado desta iniciativa.

miércoles, 6 de junio de 2012

Ato informativo pola municipalizaçom do transporte público en Vigo


Ato informativo pola municipalizaçom do transporte público
7 de junho às 20h00 no Centro Cultural de Beade, Vigo
A municipalizaçom é a única alternativa viável para garantir os empregos e condiçons laborais das trabalhadoras e trabalhadores de Vitrasa e para contarmos com um transporte eficaz, cómodo e a preços asequíveis para a imensa maioria da vizinhança.
Esta quinta-feira dia 7 temos umha cita no Centro Cultural de Beade às 8 da tarde para analisar a situaçom do transporte público e plantejar alternativas populares ao actual modelo.
NÓS-UNIDADE POPULAR