viernes, 27 de septiembre de 2013

Recorrida a inadmisión a trámite da petición dunha Renda Básica


“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria seguen co camiño da denuncia pública. O fixeron o 20 de setembro cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.

Os recursos quedaron entregados logo de ler o manifesto diante do edificio administrativo. Edificio que o venres 20 estivo por un rato cheo dalgunhas desas persoas ás que a Xunta e o resto de poderes queren negar os mínimos para a vida.

Fonte e máis info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/recorremos-inadmision

No hay comentarios: