Día Mundial da bicicleta – Marcha 13 Abril
O 19 de Abril celébrase o día mundial da bicicleta, efeméride que administracións, asociacións e os propios ciclousuarios aproveitan para recordar as vantaxes inherentes á utilización deste medio de transporte.
A facilidade coa que se manexa e o seu baixo custo fan dela o medio de transporte democrático por excelencia, estimándose que sómente 10% da poboación non podería empregala por condicionantes físicos ou económicos.
A bici encádrase á perfección no modelo de cidade moderna orientada cara as persoas e a súa calidade de vida. Devolver a cidade aos cidadáns supón necesariamente un cambio na ordenación da mobilidade e a bici preséntase como a alternativa máis eficiente e respectuosa co entorno ambiental e social.
Deste modo aproveitamos para convidar a todas aquelas persoas que acreditan no potencial da bicicleta para transformar as cidades en lugares máis agradábeis a participar nas Masas Críticas, que se celebrarán o sábado día 13 de abril nas principais cidades galegas:
A Coruña: praza María Pita – 18:00
Compostela: praza Roxa – 18:00
Vigo: praza América – 17:00
1 comentario:
Despois deste inverno interminable, xa hai ganas de coller a bici
Publicar un comentario