viernes, 8 de marzo de 2013

Vigo marcha o 8 de marzo polo Día Internacional Das Mulleres


Con motivo do Día Internacional Das Mulleres, o venres 8 de marzo, a Marcha Mundial das Mulleres convoca unha manifestación en Vigo, ás 20.00 horas, que irá dende a Praza de Portugal ata a Porta do Sol.
O lema deste 2013 é: A DÉBEDA DOS GOBERNOS É COAS MULLERES NON COA BANCA, MARCHAMOS POR UNHA VIDA DIGNA E SOSTIBLE!!
A Marcha Mundial das Mulleres formula, neste 8 de marzo de 2013, a necesidade da corresponsabilidade no coidado das persoas e nas tarefeas domésticas, esixe un novo modelo social sen división do traballo en función do sexo, propoñe un novo modelo de sociedade no que as persoas sexan o cerne das políticas públicas e COMPROMÉTESE a seguir loitando por derrubar os muros que protexen aos banqueiros e aos corruptos, aos especuladores e aos que botan a outras persoas do seu fogar, aos que fan uso da violencia e criminalizan aos movementos sociais…
Non imos ficar mudas nin quedas. Queremos controlar as nosas vidas e construír unha sociedade máis xusta que remate co sistema capitalista e patriarcal.
Frenemos o avance do machismo e a desigualdade coa unidade, a loita e a solidariedade.
Ata que todas sexamos libres!!
FEMINISTAS GALEGAS EN LOITA POLOS NOSOS DEREITOS!!

No hay comentarios: