jueves, 19 de enero de 2012

Hoxe San Canuto en Vigo

Este ano o San Canuto en Vigo ten dobre significado para os integrantes de AVEMARIA, nesta ocasión non se trata só da xornada festivo reivindicativa de todos os anos, tamén será unha homenaxe para o seu compañeiro falecido Nando Reboreda.

 A convocatoria é o 19 de xaneiro ás 19Hs na praza da constitución de Vigo, haberá música un mural colectivo e moito máis.

Este 2012 AVEMARIA face 12 anos na brecha loitando pola normalización do cannabis. A partir de pequenos colectivos e persoas fundouse a Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María) co ánimo de compartir experiencias de cultivo e loitar contra a prohibición dos derivados do cannabis (marihuana, haxixe, aceites, licores, repostería, etc.). Foi, o tristemente falecido artista vigués Xosé Guillerme, o encargado de deseñarnos o logotipo da asociación que inda hoxe utilizamos. Xuntámonos todos os xoves no bar A Clave (antigo Ferriñas), Praza de Eduardo Chao, Casco Vello, Vigo.

No hay comentarios: