Virxilio VieitezFermín cos seus fillos ca. 1955 Fotografía en b/n Cortesía do autor |
Precisamente este curso, que terá lugar todos os mércores ata finais de maio, discorrerá en paralelo á exposición do fotógrafo VIRXILIO VIEITEZ, que será inaugurada nas salas da planta baixa o 22 de outubro. Entre as actividades do curso inclúese unha sesión dedicada á obra de Vieitez e á análise das obras presentes en salas.
En virtude do convenio asinado coa Fundación MARCO, a Universidade de Vigo confirmou o recoñecemento de créditos de libre elección para os cursos impartidos no MARCO nesta tempada. Polo tanto, a realización deste curso supón o recoñecemento de 2 CRÉDITOS DE LIBRE ELECCIÓN para alumnado da Universidade de Vigo, que ademais se beneficiará dun desconto do 20% no prezo de matrícula.
- CURSO - ‘A FOTOGRAFÍA. Historia doutra mirada’
- Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
- Docente: Ana Pereira Molares, coa participación de poñentes externos nalgunhas das sesións
- Datas: do 6 de outubro de 2010 ao 25 de maio de 2011
- Lugar: salón de actos
- Horario: mércores, de 18.00 a 19.15
- Se desexa recibir máis información, diríxase a:
- MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
- Departamento de Comunicación (Marta Viana ou Pilar Souto)
- R/ Príncipe nº 54
- 36202 Vigo
- Tel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00
www.marcovigo.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario