CADEA HUMANA
¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!
SÁBADO DÍA 17 ÁS 19:00h, diante da depuradora de Coruxo.
Desde a Ría Non se Vende facemos un chamamento a tod@s @s compañeir@s das diversas luitas pola defesa do País para que vos sumedes a esta cadea humana que bordeará o perímetro da depuradora do Lagares como método de luita e denuncia, necesaria, ante a sociedade xa que :
- A situación de contaminación da ría de Vigo é dramática. A inexistencia dunha depuración eficaz está pondo en grave perigo o noso ecosistema máis importante: A Ría, cada día máis contaminada polos vertidos de augas residuais urbanas e refugallos industriais.
- Dende a Administración non se da importancia e seriedade, a un problema de contaminación tan grave como este, que é sanitario, ambiental e social xa que afecta á saúde das persoas que consumen produtos extraidos da ría ou que se bañan nas súas praias, prexudica a todos os seres vivos que viven nas súas augas e pon en perigo miles de postos de traballo da xente que directa ou indirectamente vive da pesca de baixura ou do marisqueo.
- Non queda tempo para máis desfeitas, hai que buscar solucións inmediatas enfocando o saneamento dun xeito serio e responsábel. É prioritario realizar un estudo do saneamento-integral da Ría, involucrando a todos os concellos que verten nela, xa que non é un problema local, afecta a tod@s. Hai que desenvolver plans coordinados e descentralizados
para toda a poboación asentada nos distintos núcleos da ría e primar os criterios técnicos, biolóxicos e ambientais por riba de intereses económicos especulativos, intereses políticos partidistas ou lucro económico de funcionarios e políticos corruptos.
- A solución proposta polas Administracións é exclusiva para Vigo e consiste nun aberrante proxecto faraónico: a construción dunha"MACRODEPURADORA" no mesmo emprazamento que a actual, que non só NON sería efectiva senón que amplificaría a problemática actual. Xa que non se contempla separar as augas residuais urbanas das augas das industrias que inutilizan o sistema de depuración, e das augas pluviais que colapsan os tanques. As depuradoras están pensadas para depurar materia orgánica, os produtos químicos e disolventes das industrias as paralizan e inutilizan totalmente.
- Esta Macro-EDAR no Lagares completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais como zona humida, ocuparía ilegalmente territorio dentro do dominio público marítimo-terrestre e terían que expropiar as casas e terreos a varias familias da contorna, ademais de seguir estragando a saúde e a calidade de vida da veciñanza.
¡!!SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario