martes, 22 de junio de 2010

San Xoán no Guindastre (Teis)

Boas xente. Se pensabades que O Guindastre non facía nada especial por San Xoán, estábades trabucad@s... tan só era para meterlle un pouco de emoción. Temos preparada unha chea de cousas para festexar a chegada do verán, así que ollade o cartaz que vai adxunto. Se non tedes plan, ésta é a vosa; e se xa kedástedes, rectificar é de sabi@s!!

Vémonos o mércores, unha forte aperta.

ACTIVIDADES:

17:00 h: Aberto de Bilharda.
Lugar: Centro Cívico de Teis, no campo de fútbol sala.
Inscripción libre e gratuita no mesmo Centro Cívico antes de comezar.
Ademáis, cantina e xogos populares.

20:00 h: Actuacións e música en directo.
Lugar: Praza do Mercado, O Toural
Actuarán: Nacho Otero, Mimo-Clown
Circo Escarranchado
O Breo
Coro Tabernario
Ademáis, cantina e matraquinho ó aire libre.

22:00 h: Sardinhada popular e fin de festa guindastreira.
Lugar: Praza do Mercado, O Toural.

00:00 h: Fogueira de San Xoán organizada pol@s veciñ@s.
Lugar: Maceiras, Wichita.

No hay comentarios: