ESQUERDA UNIDA SAUDA O ÉXITO DAS MANIFESTACIÓNS CONTRA O “PENSIONAZO” DESENVOLVIDAS NA GALIZA
EU FELICITA ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CCOO E UGT
ESQUERDA UNIDA A ORGANIZACIÓN POLÍTICA MÁIS VISIBLE NAS MOBLIZACIÓNS
Para a nosa organización a cidadanía galega enviou unha mensaxe clara e nítida aos Gobernos do PSOE e do PP. Unha mensaxe que indica claramente que os traballadores e traballadoras non vamos a aceptar que sexamos nos os que paguemos os efectos dunha crise xerada pola avaricia do capital. Máis de 30.000 galegas e galegos berraron polas rúas do noso pais que non queremos que non boten as mans non petos, que é o que pretende facer o Goberno do PSOE co “pensionazo”.
Esquerda Unida participou en todas as manifestacións, destacando o importante número de manifestantes que aportou nas dúas manifestacións maioritarias, A Coruña e Vigo, onde a nosa organización incorporou faixa propia. Así pois, converteuse na organización política máis visible nas manifestacións de onte.
Na Coruña participou a Coordinadora Xeral, Yolanda Díaz, o Secretario de Organización, César Santiso, membros da Executiva Nacional e a Coordinadora Comarcal de Ferrol, Rosana Llago. En Vigo destacou a participación do Coordinador Comarcal, Román Alonso, membros da Executiva Nacional, e os Coordinadores dos distintos Consellos Locais.
Esquerda Unida quere felicitar ás organizacións sindicais CCOO e UGT pola exitosa convocatoria e os anima a manter a loita pola defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, agora que o Goberno xira as súas políticas cara a dereita.
Para Esquerda Unida a reforma das pensións que está a promover o Goberno representa a maior agresión ao Estado social nos últimos anos. A nosa organización considera que para saír desta crise por un camiño favorable á clase traballadora, se require un goberno que exerza a soberanía democrática fronte á banca e as multinacionais que queren arrasar con dereitos laborais conquistados con longas e duras loitas obreiras o longo do século XX. Este goberno non parece posible co PSOE, PP e nacionalistas pola súa manifesta dependencia dos poderes económicos.
Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario