Xanela Aberta ao Sur é un proxecto no que se mixtura a teoría coa práctica realizando xornadas de formación e visitas a proxectos de organizacións de Brasil, Ecuador e Marrocos, co ánimo de que as participantes poidan coñecer de primeira man o que está acontencer en cada un dos países.
Durante a primeira semana de Marzo as persoas que participaron no Xanela durante o ano 2009 realizarán charlas informativas para difundir a súa experiencia. As charlas terán lugar nas seguintes datas:
Compostela. Martes 9 de marzo. Local de Amarante-Verdegaia ás 20:30.- Sobre Ecuador e Marrocos
Vigo. Mércores 10 de Marzo. Local de Amarante ás 20:30.- Sobre Marrocos, Ecuador e Brasil
Pontevedra. Xoves 11 de Marzo. Galería Sargadelos ás 20:30.- Sobre Brasil e Ecuador
Ourense. Mércores 17 de Marzo. Casa da Xuventude ás 20:30.- Sobre Marrocos e Ecuador
Coruña.- Mércores 10 de Marzo ás 19:45 nas Aulas da UNED.- Sobre Brasil e Ecuador.
Ribadeo.- Sobre Marrocos e Ecuador. Data sen concretar.
Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo catro xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir durante catro semanas con unha das organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:
Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
Asociación Attawassoul en Marrocos (máis info en http://amaranteong.org )
27 de Marzo en Compostela
17 e 18 de Abril en albergue (lugar sen determinar)
22 de Maio en Compostela
29 de Maio
Os requisitos para participar son:
Ser maior de idade
Residir en Galicia
Para viaxar é necesario asistir a todas as xornadas formativas
Pago da matrícula (10 euros estudantes ou persoas en paro e 20 euros persoas que traballen)
Para inscribirte ou pedir máis información escribe a educacion@amaranteong.org ou chama ó 886 111 327 (a inscrición está aberta ata o 12 de Marzo). Tamén podes atopar toda a información actualizada no Blog do Xanela http://amaranteong.org/xanela
No hay comentarios:
Publicar un comentario