jueves, 31 de mayo de 2012

Triloxía. "El ser humano da asco" Teatro Ensalle

El ser humano da asco é como demos en chamar á triloxía que reúne, 105 pasos o la mecánica de la carne, La última fila y La maleza.  

Trátase dun agasallo, un agasallo para o público, que poderá ver como se mesturan os espazos escénicos, os personaxes e as "historias", e un agasallo para nós, que necesitabamos despedirnos con algo extraordinario dunha serie de pezas que marcaron unha época na compañía, que nos levaron a Arxentina, Uruguai e México e que dentro de España permitiron que o noso traballo se vise en máis de 20 cidades, con case 200 funcións entre o tres A triloxía verase un só día porque para o equipo é sinxelamente esgotadora, case 4 horas de función, cunha mínima pausa, cun traballo escénico e de iluminación realizado especialmente para ese día tan especial.


Ficha artística:
Artús Rei, Raquel Hernández, José Martínez, Gabriel Celester, Eva Alfonso y Jorge Rúa. Dirección, texto e iluminación: Pedro Fresneda. Música en directo: G. Celester y J. Martínez. Creación coreográfica: R. Hernández, A. Rey, J. Rúa y E. Alfonso, co apoio de Carmen Werner. Fotografía: Iván Jérez y Bieito Rey. Distribución: J. Rúa. Web: David Santos.


Esperámosvos no Teatro Ensalle o sábado 2 de xuño ás 22 hs.


lunes, 28 de mayo de 2012

Sexual Herria, Itziar Ziga


Con motivo do Día das Letras Galegas Marcha Mundial das Mulleres levou de xira por Galicia á feminista radical, periodista e escritora vasca Itziar Ziga, que presentou o seu terceiro libro: Sexual Herria. Itziar fala sen tapuxos do activismo feminista; da reivindicación dunha identidade máis primixenia; da intromisión, cada vez máis brutal, do Estado no corpo das mulleres,… e considera esencial “reputificar”, como ela di, a súa terra: Euskal Herria.


Máis información sobre Sexual Herria pulsando aquí
Vídeo da palestra en Vigo:



sábado, 26 de mayo de 2012

Video: Kuko Jones nos castroconcertos, Cómeme todo

Kuko interpretou unha canción baixo a choiva acompañado por algúns seguidores resistentes ao auga antes de que se suspendese o concerto.

Kuko Jones, Cómeme todo

Juan Fajardo encabezará a candidatura provincial de Esquerda Unida


No de prensa de EU


Juan Fajardo encabezará a candidatura provincial de EU

A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas a Juan Fajardo Recouso, actual concelleiro en Vilagarcía de Arousa.

Traballador Informático, actualmente atopase no paro. Acompáñao como número 2 da candidatura a
viguesa Eva Solla, enfermeira e responsable do área de Saúde e Benestar Social en Vigo, traballadora do SERGAS. Dita candidatura deberá ser ratificada polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida.

A candidatura aprobada supón unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.

O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas, representativos de diferentes sectores sociais e na que se realizaron aportacións aos documentos programáticos que ESQUERDA UNIDA defenderá no parlamento autonómico.

Na súa intervención, Juan Fajardo, destacou que EU aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación.

Chamou a mobilización para unha saída da crise que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financeiros, chamados mercados.

Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.

jueves, 24 de mayo de 2012

Jornadas para inmigrantes uruguayos en Vigo, Vinculación, retorno y temas relacionados

Jornadas para inmigrantes uruguayos en Vigo, Vinculación, retorno y temas relacionados. 
Comunicado de Amigos del Uruguay (Vigo) 


Invitamos a todo/as lo/as compatriotas residentes en Vigo y Galicia a una charla con

el Director de Vinculación y Retorno Sr. Gerardo Pérez en su próxima visita a España.
Será el día martes 5 de junio a las 20 hs en As. Amigos del Uruguay San roque 34- Vigo.  Trataremos  temas relacionados a la actualidad de nuestro país, el Retorno, El Voto en el Exterior, Pasaporte electrónico e inquietudes que quieran plantear.
  
El día miércoles 6 por la mañana, está previsto una visita al Instituto República Oriental del uruguay en Teis, con motivo de su 25º aniversario y además abordar el posible intercambio estudiantil entre estudiantes vigueses y uruguayos.
Estamos todo/as invitados, es una instancia donde podremos intercambiar opiniones, informarnos y estrechar vínculos con nuestro país.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Brais Ocampo presenta o seu libro "Tu piedra mojada"

Este mércores Brais Ocampo acompañado de Lucas Rei ao piano e Martín Garrido en percusión presenta o seu libro   "Tu piedra mojada",

Mercores 23 de maio 20hs  A Salgueira, Rúa Fernadez Areal 56 (Porriño)

Lea o prólogo de "Tu piedra mojada" :  https://www.facebook.com/notes/brais-ocampo/pr%C3%B3logo-tu-piedra-mojada/384606831592124

Videos de Brais Ocampo nun recital poético na rúa Principe de Vigo no ano 2011 acompañado por Kevin Pérez: