Etiquetas
15MVigo
Bouzas
Brincadeira Bouzas
Calvario
Camelias
Candela
Cangas
Comarca y alrededores
Desfeites
Notas publicadas con retraso
Poesía
Teis
Vitrasa
actividades
agenda
arte
artesanos
barrios de Vigo
cacicadas
casco vello
charlas
colectivos
comunicados
conciertos
concursos
conferencias
cultura
cursos
desinformacion
exposiciones
ferias
folgas
fotos
furanchos
galego
gastronomia
homenaje
humor grafico
locales
manifestación
memoria histórica
morrazo
museos
musica
novas
ons
pobreza
política
puerto
reportajes
republica
routeiros
rua
sucesos
talleres
tecnologia
trasporte
videos
wifi gratis
xancarajazz
sábado, 26 de noviembre de 2011
Marcha mundial de mulleres (Vigo)
Marcha mundial de mulleres, día contra a violencia machista
Vigo 25/11/2011
O asilo de Vigo propiedade de Karpin en mans de okupas e con actividades de portas abertas
Comezan as actividades no antigo asilo
de Vigo abandonado polo seu propietario o ex xogador do Celta de Vigo
Valery Karpin e agora ocupado por integrantes de varias asociacións
do casco vello desta cidade.

As actividades comezaron este venres
cunha exposición de fotos e un magosto continuasen o sábado 26 de
novembro ás 10:00 co inicio dunha horta colectiva onde piden a quen
queiran participar que leven as súas propias ferramentas, ás 12 cun
paseo guiado polo Barrio do Cura desde a oliveira até Paseo de
Alfonso á 14 xantar popular na capela á 17 concentración contra a
especulación en Paseo Alfonso, á 18 presentación da revista “Cul
de Sac” finaliza a xornada ás 22 coa proxección de documentais
sobre o tema okupa. O domingo haberá unha aula práctica sobre
agricultura ecolóxica xantar popular e asemblea.
Segundo os propios ocupantes a causa
destas accións é denunciar a especulación inmobiliaria que destrúe
os barrios.
domingo, 20 de noviembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
Maratón de reflexión en Vigo
![]() |
Reflexión durante las pasadas municipales |
Cronograma de la jornada de reflexión en Vigo
- 12:00H. Charla-coloquio.
- 14:00H. 1 minuto de ruido.
- 14:01H. Chorizada Popular: concurso de cocina donde el ingrediente estrella es el chorizo, así nos comeremos a todos esos chorizos del país. Cada participante traerá un plato a base d chorizo y dirá el motivo d querer mas pan y menos chorizo; se elegirá entre ellos al ganador. Participación abierta.
- 16:00H. 1 minuto de ruido.
- 16:01H. Los monólogos del Besugo.
- 17:00H. Ríete del Sistema: concurso de chistes con contenido político y satírico sobre la situación actual. Participación abierta. 18.00H. 1 minuto de ruido.
- 18:01H. Ciclo de lectura Reflexiva: Se leerán fragmentos de libros significativos y relevantes con el momento en el q vivimos.
- 20:00H. 1 minuto de ruido.
- 20:01H. Gran velada: Acto simbólico en el que se iluminara la Farola con cirios.
- 21:00H. Descanso.
- 22:00H En busca del Maletín Corrupto. Concurso por el centro de la ciudad en busca de un maletín a través de pistas que se irán dejando. Participación abierta.
lunes, 14 de noviembre de 2011
Conferencia: Represión, memoria, silencio e saudei mental
Anna Miñarro |
sábado, 12 de noviembre de 2011
15M Conciencia Social dá o seu PLENO APOIO á demolición da “cruz dos caídos” de Vigo
15M Conciencia Social dá o seu PLENO APOIO á Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 para contribuír á demolición da “cruz dos caídos” de Vigo, cruz adicada ao fascismo e para difundir, para contar esta historia, unha máis de tantas que non se deben obviar, non se deben silenciar. Hai que coidar, que conservar a memoria, incluída a MEMORIA HISTÓRICA,… xa que é ben sabido que “os pobos que non coñecen a súa historia están condenados a repetila”. E a guerra civil só trouxo morte e resentimento.
Hai
unha historia que nunca lle contaron sobre a cidade de Vigo. A 15M
Conciencia Social
desveloulle esta a Asociación
Viguesa pola Memoria Histórica do 36
(Asociación recoñecida como “Viguesa Distinguida” polo Concello
no 2007) memoriavigo@yahoo.es
Esta
é a historia:
“Nos
folletos turísticos que vostede recibe ao desembarcar en Vigo
cóntanlle que a grande cruz de pedra que está situada aos pés de
El Castro, foi erixida en memoria dos soldados caídos, creando así
a idea de que tamén en Vigo, como noutras partes do mundo, existe un
monumento en lembranza e homenaxe ao soldado descoñecido.
Pero
non, a cruz de Vigo non simboliza iso. Velaquí a súa verdadeira
historia:
En
1936 un sector do exército ao mando do xeneral Franco levantábase
en armas –co inestimable apoio das tropas de Hitler e Mussolini-
contra o goberno lexítimo da República comezando una guerra que
duraría tres anos e que provocaría un millón de mortos, medio
millón de exiliados e máis de douscentos cincuenta mil presos
políticos. Durante a II Guerra Mundial, o réxime do xeneral Franco
mobilizou un corpo de voluntarios falanxistas (“División Azul”)
e enviounos a Rusia para loitar ao lado do exército alemán vestidos
co uniforme da Wehrmacht e levando nas súas guerreiras a cruz gamada
nazi.
Para
perpetuar a memoria dos soldados “caídos” na chamada Cruzada de
Liberación e a dos que morreron na fronte rusa, o xeneral Franco
ordenou erixir por toda España grandes e colosais cruces de pedra
que tivesen “a grandeza dos monumentos antigos e que desafíen o
tempo e o esquecemento”. E así, nas faldas do monte de El Castro e
no lugar que no seu momento se chamou “Praza da División Azul”,
a cidadanía viguesa e os que visiten a nosa cidade deberán
soportar, aínda hoxe, a visión dun símbolo do fascismo que ofende
a memoria dos que loitaron contra el e deron, como en moitos países
de Europa, a súa vida en defensa da liberdade e a democracia.
¿Imaxinan
vostedes algún país onde aínda exista un monumento deste tipo?
Miles de vigueses e viguesas veñen demandando das autoridades locais
(do alcalde Sr. Caballero) a demolición desta cruz, exemplo máximo
de ignominia e ofensa ao pobo de Vigo”.
(www.asemblearepublicana.org)
A
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 tramita a demanda
para demoler a “cruz dos caídos”, no xulgado de Vigo e contra o
Concello da cidade, pola ausencia de resposta ás reiteradas
peticións de retirada dos símbolos franquistas dirixidas ó alcalde
Abel Caballero Álvarez, en cumprimento da lei 52/2007 de 26 de
decembro pola que se recoñecen e
amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quenes
padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a
ditadura (coñecida como lei da
Memoria Histórica), “proceda
de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada
do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro
de Vigo, propiedade do Concello de Vigo”.
Esta demanda conta co aval e respaldo de 20 colectivos da cidade e de
numerosos cidadáns.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Demanda contra o Concello de Vigo, pola retirada dos símbolos franquistas
Presentación da demanda no xulgado de Vigo, contra o Concello de Vigo, pola ausencia de resposta ás reiteradas peticións de retirada dos símbolos franquistas dirixidas ó alcalde Abel Caballero Álvarez, (neste caso a cruz do Castro, levantada en homenaxe e honra do nazifascismo), en cumprimento da lei 52/2007.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)