Representantes do comité de empresa de Povisa brindaron onte unha rolda de prensa para desmentir que as reducións de xornada estean pactadas cos traballadores como se afirma a dirección do hospital.
Os representantes dos traballadores afirmaron que a dirección a ameazado co despedimento de 26 traballadores utilizando as reformadas leis laborais se non se aceptan as novas condicións e que estas novas condicións serán permanentes. Povisa pretende que esta medida que polo momento afecta a 200 traballadores en pouco tempo abarque á totalidade.
No suposto caso de que os traballadores estivesen dispostos a aceptar novas condicións non confían na patronal xa que o persoal de limpeza aceptounas a cambio de que non se produzan despedimentos a pesar disto foron despedidos 27 e subcontrataron unha empresa con menos persoal e en peores condicións.
Declararon que convocaran novas mobilizacións logo da folga xeral do 29 de marzo
No hay comentarios:
Publicar un comentario