Páginas
▼
viernes, 16 de marzo de 2012
Disto tratábase a bancarización das caixas?
A semana pasada os sindicatos CC.OO. e U.G.T. asinaron un acordo con Nova Caixa Galicia segundo o cal a entidade aforrará un 13% no seu custo administrativo, a entidade financeira e os sindicatos chaman eufemisticamete ao acordo "solución non traumática"
O plan contempla o despedimento de 700 traballadores, baixada de soldos para o 93% da platilla, suspensión de aportes aos plans de pensións ademais de eliminación de contratos e reducións de xornada.
Con estas medidas que NCG chama incruentas e "non plan de despedimentos e abaratamento do traballo" aforrará uns 60 millóns de euros coa complicidade dos sindicatos.
Disto tratábase a bancarización das caixas? por iso ían ser "máis eficientes"? xa era notorio en encarecemento e empeoramento de servizos para os clientes agora tócalles a xodienda aos traballadores.
Outras caixas bancarizadas ven este exemplo como algo a imitar a curto prazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario