A Sala de exposicións II do Centro Social Novacaixagalicia acollerá
Velázquez Moreno, 18 (Vigo) , do 14 de marzo ao 1 de abril, a exposición Nixeria: terra contaminada, terra que arde, unha iniciativa conxunta de Amnistía Internacional e a organización para a defensa medioambiental Milieudefensie. Na exposición, o fotógrafo documental da axencia NOOR Kadir van Lohuizen mostra a contaminación causada pola industria do petróleo no delta do Níxer (Nixeria), e as súas consecuencias para as persoas que habitan a zona, así como a historia de persoas que están librando unha batalla contra Shell (unha das empresas con actividades en Nixeria que máis demandas por contaminación ten) a través do sistema de xustiza dos Países Baixos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario