Comunicado:
Cando se prepara unha nova agresión imperialista, esta vez contra os pobos sirio e iraní, un grupo de persoas independentes ou representantes de organizacións políticas e populares pretendemos darlle novo pulo a Galiza por Palestina (Vigo), co obxectivo de relanzar a solidariedade coeste pobo a cotío masacrado polo Estado sionista, e tamén cos pobos árabes que neste momento están sendo ameazados polo imperialismo, nomeadamente Siria e Irán.
Por iso estamos a facer xuntanzas para preparar unha concentración e unha palestra que sirvan como re-comezo das actividades. En concreto, fixamos o día 30 de marzo (Dia da Terra en Palestina) para unha concentración no Marco e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi. Se che interesa participar na organización destas actividades, estaremos no centro social Bou Eva o martes 20 de marzo ás 8.
Neste momento, xa temos convocando á concentración e mais a palestra en concreto, fixamos o día 30 de marzo (Dia da Terra en Palestina) para unha concentración no Marco e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi. Se che interesa participar na organización destas actividades, estaremos no centro social Bou Eva o martes 20 de marzo ás 8.
Para contacto e mais información sobre actividades ou incorporación á plataforma visita o noso novo sitio web : www.galizaporpalestinavigo.piesnegros.org

No hay comentarios:
Publicar un comentario