Páginas
▼
viernes, 27 de septiembre de 2013
Recorrida a inadmisión a trámite da petición dunha Renda Básica
“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria seguen co camiño da denuncia pública. O fixeron o 20 de setembro cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.
Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.
Os recursos quedaron entregados logo de ler o manifesto diante do edificio administrativo. Edificio que o venres 20 estivo por un rato cheo dalgunhas desas persoas ás que a Xunta e o resto de poderes queren negar os mínimos para a vida.
Fonte e máis info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/recorremos-inadmision
viernes, 20 de septiembre de 2013
21 setembro: II Xornadas Feministas en XUNTAS
21 setembro: II Xornadas Feministas en XUNTAS.
18.00 h.: Proxección – Visión do trato á muller en diferentes sociedades (Israel, Turquía, Xapón, Occidente,…).
19.30 h.: Debate feminista.
martes, 10 de septiembre de 2013
Ciclo de documentais: A corporación: Institucións ou psicópatas?
En setembro, en XUNTAS CSOA, ciclo de documentais “A corporación: Institucións ou psicópatas?"
Documental canadense en tres capítulos que analiza a orixe, comportamento e poder de influenza das corporacións. O único obxectivo das mesmas é o de enriquecer aos seus accionistas a calquera prezo.
As corporacións son antisociais, egoístas, inmorais, crueis e dañías. Destrúen límites morais e legais para conseguir os seus obxectivos e non sofren en absoluto de sentimento de culpa nin poden responder coas cualidades humanas de empatía, coidados, preocupación ou altruísmo.

