Amnistía Internacional Vigo organiza unha xornada informativa co
especialista en comercio de armas e activista da ONG Juan Álvarez-Íñiguez.
O vindeiro mércores 27 de febreiro, ás 19:30h., terá lugar, no Centro
Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra (Praza San José nº3) unha
charla/entrevista informativa co especialista Juan Álvarez-Íñiguez, actual
coordinador do Equipo de Armas do Secretariado Estatal de Amnistía
Internacional.
Un Tratado sobre o Comercio de Armas efectivo non é un tratado de
prohibición de armas, senón que debe garantir que os Estados controlan
rigorosamente a exportación, importación e transferencia internacional de
todo tipo de armas de uso militar, policial e de seguridade, incluíndo
equipos, munición e formación. Isto é esencial para impedir que se
utilicen estas transferencias para cometer ou facilitar que se cometan
violacións graves de dereitos humanos ou que se desvíen ao comercio
ilícito, ao mercado ilegal ou a usuarios finais ilexítimos que, ademais,
acaban freando o desenvolvemento socioeconómico e contribuíndo á pobreza.
AI Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario