Páginas
▼
martes, 5 de junio de 2012
Concentración de apoio ao saharauí en folga de fame
Concentración de apoio ao saharauí en folga de fame.
Chamamento a toda a cidadanía para mostrar o noso apoio ao saharauí Lafkir Kaziza saharauí de 22 anos que cumprirá o venres unha semana de folga de fame. En Vigo a concentración será o sábado 9 de xuño ás 19hs na farola
COMUNICADO
O pasado 1 de xuño o saharauí Lafkir Kaziza comezou unha folga de fame indefinida nas inmediacións da Embaixada de Marrocos en Madrid. Con ela, esixe un xuízo xusto ou a liberación para os presos saharauís que foron encarceados tralo brutal desmantelamento do campamento de Gdeim Izik en decembro de 2010. Desde as nosas organizacións, queremos manifestar o noso apoio ás súas reivindicacións e por iso facemos un chamamento ao Goberno de Marrocos a que libere a estes presos ou lles garanta un xuízo civil, con todas as garantías procesuais e xurídicas e con observadores internacionais, para estes presos. Do mesmo xeito, esiximos ao Goberno español, responsable legal do que ocorra no Sahara Occidental, ao ser recoñecido o Estado español pola legalidade internacional como potencia administradora do territorio, a que presione por todos os medios diplomáticos posibles ao Estado marroquí para que se cumpran estas esixencias.
• Coordinadora Estatal de Asociaciones Solidarias con el Sáhara (CEAS)
• SáharaThawra,
• Saharalibre.es
• Plataforma de Apoyo Político al Pueblo Saharaui (PAPPS)
• Western Sahara Resource Watch (WSRW)
Evento en facebook :( de la concentración en Vigo https://www.facebook.com/events/338114409591711/

No hay comentarios:
Publicar un comentario