Vídeo da manifestación día da república, Vigo 2012
Vídeo da manifestación día da república, Vigo 2012
Unhas seiscentas persoas manifestáronse en Vigo este 14 de abril para conmemorar a segunda república e reclamar a terceira.
A manifestación partiu puntualmente e baixo a choiva dende o MARCO para finalizar no sireno fronte á escaleira da rúa da República onde hai unha placa.
O acto consistiu na lectura do comunicado da Asemblea Republicana de Vigo, a lectura dun poema por parte de Xesús López Ferreira (ex conselleiro de cultura de Vigo) e as interpretacións dos himnos republicano e galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario