Nas próximas 24 horas Todovigo só publicará sobre a folga xeral en adhesión á mesma.
Primeira impresión da folga xeral do 29 de marzo en Vigo.
Así está o meu barrio (O Calvario-A Doblada) puntual desde as 12. Saín a dar unha volta e até o último bar pechado. Volvendo cruceime cun "piqueño" duns 200 compañeiros xentilmente acompañados, a uns 50 metros, por dúas furgonas cargadas de polis, óuvese roldando o helicóptero e dá pena irse á cama mais as manifestacións aquí son pola mañá e quero estar fresco.
Por: Alejandro Ruetter Fridman
Uns datos moi significativos da adhesión á folga. paralización total da actividade portuaria en Vigo. Confírmase o paro total na recolhida de lixo, manhá non se publican nen "Faro de Vigo" (100% de paro) nin a edición galega de "El País". Na rotativa de "La Voz de Galicia" só acudiu a trabalhar o encargado. O transporte público está practicamente paralizado en toda Galiza, especialmente o ferroviario. Ducias de voos de
companhias aereas cancelados.
Datos roubados a: Xosé Collazo Castro
No hay comentarios:
Publicar un comentario