Páginas
▼
lunes, 26 de marzo de 2012
Día da terra palestina
Comunicado de Galiza por Palestina (Vigo)
Cando se prepara unha nova agresión imperialista, esta vez contra os pobos sirio e iraniano, un grupo de persoas independentes ou representantes de organizacións políticas e populares pretendemos darlle novo impulso a Galicia por Palestina (Vigo), co obxectivo de relanzar a solidariedade con este pobo cotidianamente masacrado polo Estado sionista, e tamén cos pobos árabes que neste momento están a ser ameazados polo imperialismo.
Por iso realizaremos unha concentración e unha palestra que sirvan como re-comezo das actividades. En concreto, fixamos o día 30 de marzo (Día da terra palestina) para unha concentración no MARCO (Rúa Príncipe) ás 20hs e o 31 para unha charla a cargo de Faied Badawi en Bou Eva (Rúa Terzo de Fora 11, (Vigo)
Para contacto e información sobre actividades ou incorporación á plataforma visita o noso novo sitio web : www.galizaporpalestinavigo.piesnegros.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario