Hoxe ás 19:00 horas, diante da tenda Movistar da rúa Colón de Vigo persoal de Telefónica en Pontevedra concentrouse en defensa dos seus postos de traballo e das negociacións colectivas.
A protesta tivo lugar coincidindo coa reunión extraordinaria do Comité Intercentros para abordar a plataforma unitaria de cara ao proceso de negociación do novo convenio colectivo. Esta xuntanza, explican dende a Sección Sindical da CIG-Telefónica en Pontevedra, ten lugar sen consultar aos comités provinciais e de costas ás asembleas de traballadores/as.
Unha das principais reclamacións que podían ouvirse era por dous compañeiros recentemente despedidos estando de baixa médica, tamén reclamaban a dimisión de César Alierta.
Xa que os despedimentos prodúcense a pesar de que a empresa obtén ganancias co único obxectivo de pasar os servizos a contratas maximizando a rendibilidade de Telefónica e minimizando os dereitos laborais os manifestantes prometen máis mobilizacións.



No hay comentarios:
Publicar un comentario