Comunicado
A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36 Viguesa Distinguida 2007. Convida ao acto de “LUGAR DE MEMORIA” que se celebrará no Calvario (R/Urzaiz, frente ao mercado) o día sábado 19 de marzo, ás 12:00 horas
Homenaxe aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República. No acto inaugurase unha escultura e unha placa indicativa do acontecido no lugar os primeiros días do levantamento. Neste acto institucional falarán: o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e o Tenente de Alcalde da nosa cidade.
Agradecemos a sensibilidade destas concellerías que atenden as peticións memorialistas, costean o monumento e son un exemplo a seguir no concello de Vigo.
A Directiva, Vigo, Marzo 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario