22h: Un forte dispositivo da Policía española está a obstaculizar a labor dos piquetes informativos en Vigo nas primeiras horas da folga xeral. Ducias de axentes antidisturbios xa identificaron a varias persoas que repartían folletos sobre a reforma das pensións nas entradas do polígono de Valadares. O control policial chega até a mesma sede do sindicato na cidade olívica, en cuxas inmediacións se atopan varios furgóns policiais dende o comezo da noite.
Leer completo en folgaxeral.galizacig.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario