viernes, 27 de julio de 2012

Campaña Cambia de papel


Implicadas no Desenvolvemento é unha ONG galega que procura cambiar as estructuras de explotación dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu traballo baséase na procura da igualdade de xénero como base para un desenvolvemento humano perdurable. O obxectivo último é que as comunidades acaden un nivel de desenvolvemento óptimo e a autoxestión dos seus recursos.
Partindo do convencemento de que a pobreza é un problema político, Implicadas procura sensibilizar á cidadanía galega e comprometela activamente co cambio, a través da organización de diferentes eventos en colaboración co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de voluntariado. Ademais Implicadas procura a visibilización das mulleres do Sur a través da posta en marcha de proxectos de cooperación, a colaboración con organizacións civís in situ e a organización de intercambios con activistas e artistas.
Coa súa campaña actual, Cambia de papel, Implicadas aspira a conseguir un mínimo de 50 nov@s soci@s e 20 persoas voluntarias, co fin de afianzar a mudanza nos esquemas e actitudes presentes nas sociedades do Norte e conseguir así a superación dunha situación inxusta global, da que todas e todos somos partícipes.
Cambiemos xa de papel!!

Máis información para participar na campaña Cambia de papel:
- Implicadas no desenvolvemento:  http://implicadas.blogspot.com.es/

- Asociación SerHacer Vigo:  info@serhacer.com                                                Tlf: 986.431.331 – 658.771.015

jueves, 12 de julio de 2012

As hortas colectivas urbanas

horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo) 
As hortas colectivas urbanas multiplicáronse nos últimos anos en moitas cidades do mundo e seguramente veremos moitas máis nun futuro próximo, son varias as razóns para promocionalas e realizalas.

Entre elas recuperar as relacións veciñais, sanear o medio-ambiente urbano e por que non obter alimentos, non se me ocorre neste momento ningún punto negativo que poida argumentarse para que os habitantes das cidades non as realicemos.

A Asociación Galega de Horticultura Urbana, pretende ser un nucleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias, productos e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas, podes informarte máis no seu sitio web hortaurbana.info

Fotos da horta colectiva no Barrio do Cura (Vigo)




martes, 10 de julio de 2012

Pitada en Vigo contra o rescate á banca

Ás 18.30 h., en Praza América haberá, todos os mércores, pitada contra o rescate á banca, o medicamentazo, os recortes,...
Tamén se habilitarán mesas informativas e BEN SENMEDO tocará na rúa.

Únete!! Toma a praza!!

Pitada contra o rescate á banca, xuño-xullo 2012

Carreira de zombies en Vigo!!

O 29 de xullo terá lugar en Vigo a Carreira dos Zombies.
Exportada esta de EE.UU. e realizada xa con grande éxito en Madrid e Barcelona. Mextura o deporte co frikismo e, agora, chega á cidade olívica para consolidarse como outro éxito.

- Data: d
- Hora: 11.00 (sesión de mañá).
- Lugar: Pesadelo en Coruxo.
- Distancia: 5 Km.
- Inscripcións: online, desde Ticketea.com
- Prezo: 15 euros (zombies) ou 25 euros (runners).
- Recollida de dorsais: pendente de confirmación.
- Máis información: Web oficialfacebook e Mitwiz

lunes, 9 de julio de 2012

Concerto Solidario pola Marcha Mundial das Mulleres


Concerto Solidario pola Marcha Mundial das Mulleres.
Pola autoxestión do próximo campamento na Romanía.

O 12 de xullo ás 22.00 h. en O Torreiro da Festa (Rogelio Abalde 16, Vigo).
Recitais de poesía: Silvia Penas, Elvira Riveiro.
Concertos: Alba, Wóyza.
Sesión...

Entrada: 3 €

jueves, 5 de julio de 2012

Actividades Asociación SerHacer Vigo

Próximas actividades xullo e 10 de agosto.

Palestras.
Mércores 11, 20.00 h: "El cuento de tu vida" Ponente: Hilda Iglesias. 
Mércores 18, 20.00 h: "La auto-observación" Ponente: Rabin Metha.
Martes 24, 20.00 h: "Cambia de papel" ONG: Implicadas no desenvolvemento.
Sábado 28, 20.00 h: "Charla concierto de Djembé" Ponente: Jorge César Pérez Mestre (director artístico de Omar Percussion Group).

Concerto.
Xoves 12, 20.00 h: "Pasión y Sentimiento...". Ravin & Huerga.

Talleres.
Sábado e domingo 14 e 15: "Coaching con arte": "El cuadro que nos representa". Impartido por Reina D´Hoore (coach certificada polo Instituto Europeo de coaching, con formación artística -pictórica, teatral, danza- e en creatividade, formouse con Jean-Claude Garoute, Tiga, en Haití en 1996-97).
Sábado 21: "Círculo de tambor y danza". Impartido por maría Margarida Barros.
Sábado e domingo 28 e 29: "Teoría del color de Goethe. Una observación distinta de la naturaleza: El círculo cromático". Impartido por Marisa Macías.

Curso.
Venres 13 e 27 de xullo e 10 de agosto de 19.30 a 22.30: "Iniciación a la bioenergética: Enraizamiento y emociones". Impartido por Xexús X. Rico Vedea.

Na sede de SerHacer, Praza Santa Rita 3, baixo.
Teléfono: 986.431.331
Máis info: www.serhacer.com

A Asociación SerHacer é un proxecto de todos e para todos, únete e participa de forma activa na medida que sintas cal poida ser a túa contribución.