viernes, 27 de julio de 2012

Campaña Cambia de papel


Implicadas no Desenvolvemento é unha ONG galega que procura cambiar as estructuras de explotación dende o enfoque de xénero e dende Galicia. O seu traballo baséase na procura da igualdade de xénero como base para un desenvolvemento humano perdurable. O obxectivo último é que as comunidades acaden un nivel de desenvolvemento óptimo e a autoxestión dos seus recursos.
Partindo do convencemento de que a pobreza é un problema político, Implicadas procura sensibilizar á cidadanía galega e comprometela activamente co cambio, a través da organización de diferentes eventos en colaboración co mundo da cultura, con asociacións feministas e grazas á súa base de voluntariado. Ademais Implicadas procura a visibilización das mulleres do Sur a través da posta en marcha de proxectos de cooperación, a colaboración con organizacións civís in situ e a organización de intercambios con activistas e artistas.
Coa súa campaña actual, Cambia de papel, Implicadas aspira a conseguir un mínimo de 50 nov@s soci@s e 20 persoas voluntarias, co fin de afianzar a mudanza nos esquemas e actitudes presentes nas sociedades do Norte e conseguir así a superación dunha situación inxusta global, da que todas e todos somos partícipes.
Cambiemos xa de papel!!

Máis información para participar na campaña Cambia de papel:
- Implicadas no desenvolvemento:  http://implicadas.blogspot.com.es/

- Asociación SerHacer Vigo:  info@serhacer.com                                                Tlf: 986.431.331 – 658.771.015

No hay comentarios: