martes, 29 de diciembre de 2009

Festa solidaria na Cova dos Ratos

Pra rematar este ano, e por non variar na Cova dos Ratos local da Asociación Cultural Caleidoskopio Rúa Romil 3, farase unha pequena festa na que os prezos seran com o un dia calquera, entrada de balde. A contra de outros locales que esa noite ou ben cobran entrada ou ben suben moito os prezos, na Cova nin cobran por entrar nin aumentan os prezos. Por outro lado e un festa tranquila e participativa, sen grandes multitudes nin excesivo barullo. Se queres unha noite de fin de ano que non se note que e fin de ano nin nos prezos nin no ambente, esta e a tua alternativa.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Mondongo, día del inmigrante en Amigos del Uruguay (Vigo)

El mondongo es una comida típica en el río de la Plata, en Uruguay más conocido como buseca, en ocasión del 18 de diciembre día del inmigrante los uruguayos de Amigos del Urugauay invitaron a inmigrantes residentes en Vigo procedentes de distintos países a disfrutar unos buenos platos de esta típica comida.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Cangas - LIMPEZA DO XARDÍN DO SALGUEIRÓN

Organizador:
S.O.S. MASSÓ
sábado, 19 de diciembre de 2009
Hora:
11:00 - 14:00
Quedamos na torre de Massó

Utilizarase ferramenta (fouces, sachos, angazos, etc.) que recoméndase leven @s participantes na actividade.


O xardín do Salgueirón (coñecido tamén como de don Paco) é un área de arredor de 60.000 m2 onde existen especies botánicas dos 5 continentes, entre carballos, arces, piñeiros, araucaria, loureiros, cipreses, cedros, plátanos, liquidambar, alfaneiros, pitosporos, ficus, palmeiras, oliveira, ....

Na actualidade e dende hai máis de 20 anos, coincidindo coa deriva e peche da actividade industrial das fábricas dos Hnos. Massó, este xardín está no máis absoluto abandono, pasto do lixo, da vexetación exhuberante e invasora e de axentes patóxenos.

A limpeza do xardín enmárcase nunha actividade máis da posta en valor do Salgueirón como espazo natural, patrimonial e zona verde que reivindicamos como público.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Presentación do filme documental Sixty Tolos

Comprácenos convidarvos á presentación do filme documental Sixty Tolos, a golpe de single dirixido por Xaime Fandiño nunha coprodución de Televisión de Galicia e Casa de Tolos. Un traballo que recopila a historia dos grupos dos anos 60 que marcaron unha época da vida viguesa.



O acto terá lugar o próximo venres 18 de decembro no Museo MARCO de Vigo sito na rúa do Príncipe nº54 , ás 19:30 h.

ENTRADA ABERTA A TODO O PUBLICO.

Este documental pecha así o proxecto "Vigo Yeyé", iniciado no ano 2008 coa grabación dun CD-DVD con temas inéditos dos grupos que conformaban a movida dos anos 60 en Vigo, e coa celebración e grabación do último concerto-reencontro destes conxuntos celebrado o pasado mes de xuño no Teatro Cultura Caixanova de Vigo e que sairá á venda o próximo 22 de decembro en exclusiva no Corte Inglés de Vigo.

Sinopse documental.

A vida e milagros daqueles pioneiros conxuntos músico-vocais do Vigo dos 60, precursores da movida dos 80 viguesa.
Cara a cara cos protagonistas dunha historia que fala de ye-yés, cabelo longo, guateques, barcos de inglesas, festivais, guitarras eléctricas....

Nos anos sesenta, vinte anos antes da mediática movida de Vigo, a cidade olívica viviu o que podemos considerar quizais a década máis rupturista da súa historia. Deste feito apenas quedan hoxe lembranzas, nunha cidade que corre toleada, excepto as que levan no seu corazón a xeración de sobrevivintes que viviron naquela especie de "Liverpool galaico".

Eran os ye-yés, os fillos dunha xeración a que lle tocou vivir os últimos estertores da guerra civil, nacidos nun país en branco e negro que se encargarían de colorear. Unha especie de apóstolos comprometidos coa nacente música electrificada. Estes ye-yés, hoxe moitos deles sexaxenarios, relátannos en primeira persoa esa experiencia singular que, a través da ruptura cos canons establecidos no tocante ao aspecto físico e á indumentaria, racharon coa tendencia que prometía a continuidade dunha sociedade con encefalograma plano.

O cabelo longo, os guateques, os barcos das inglesas, os festivais, as guitarras eléctricas e moitos máis inputs, todos eles aderezados pola música dos nacentes "conxuntos musico- vocais", marcaron unha diferenza nunca antes experimentada, entre esta especie de baby boomers e a xeración precedente. Tal foi a militancia case relixiosa dos ye-yés ante a proposta dun novo modelo de vida, que a incomprensión fixo mella nas súas costas desde todos os ámbitos da sociedade.

Os protagonistas de Sixty Tolos (a Golpe de Single) falan de ilusións, lembranzas, música... e desas outras cousas, hoxe incomprensibles, que lles tocou padecer e vivir á xeración ye-yé durante os difíciles anos sesenta. Unha auténtica peza de documentación dun anaco importante da historia viguesa.

Concentración no aeroporto de vigo en solidariedade con Aminatu Haidar (Video)

Despois do masivo acto do día 11, onte realizouse un algo menos concorrido, os organizadores declararon que sabían que a convocatoria era máis complicada polo inaccesible do lugar pero de todos os xeitos trátase dun feito simbólico facelo no aeroporto.

Xa van 31 días de folga de fame de Aminatu Haidar, mentres as autoridades españolas e marroquís escapan ás súas responsabilidades, distintos grupos de apoio a Haidar e a causa saharauí prometen seguir facéndose ouvir.


Un video de MuchaMufa

martes, 15 de diciembre de 2009

Programacion candela diciembre

Mércores 9: CABEZA DE BOI (Mónologos dende Gondomar).
Mércores 16: ISLA LE TRISKA "LE TRISKA
INMOBILE (Novo Circo dende Compostela)
Mércores 23 : DISCO DELIVERY, UN ESPECTACULO HECHO CON AMOR. DJ CAPUZZI Y LA SEÑORITA X ( Malabares, humor y amor dende Compos- Argentina).

Cantina Candela

lunes, 14 de diciembre de 2009

MARTES 15 DE NOVEMBRO CONCENTRACIÓN AEROP0RTO DE VIGO en solidaridade Aminatu Haidar

DÍA: MARTES 15 DE NOVEMBRO
HORA: AS 20 HORAS

Convocamos á cidadanía a expresar a súa solidariedade coa loita da activista saharauí Aminatu Haidar quen á conta da súa propia vida loita pola dignidade do seu pobo.

Esiximos ao goberno español que sé recoñéza oficialmente á República Árabe Saharauí Democrática (RASD e que se recláme á monarquia marroquí, a devolución dos territorios ilegalmente ocupados.

domingo, 13 de diciembre de 2009

Monba. (acústico callejero, video)

En esta época del año muchos artistas se enfrentan al frío, al frío del clima y del público para que su música u otras artes amenicen nuestras cada vez más modernas y globalizadas ciudades, muchos ignorantes políticos no saben la diferencia entre arte y mendicidad, entre música y ruido, entre cultura y alteración del orden.

En Vigo hasta ahora tenemos la suerte de que por el momento las autoridades no molesten a nuestros artistas, esperemos que los ataques de ignorancia contumaz de nuestros concejales no lleguen hasta estas actividades.

Este sábado bajé cámara en mano por el Paseo de Urzaiz  donde  estaba Monba en acústico y aquí está el resultado.

Monba. Por la calle (acústico callejero)
 

www.monba.blogspot.com
www.muchamufa.blogsapot.com

sábado, 12 de diciembre de 2009

Concentración en solidariedade con Aminatu Haidar en Vigo (Video)


Grabado por MuchaMufa
para TodoVigo

Magosto antimilitar



Se as palabras serven para designar o mundo tal cal é, a palabra guerra debería designar a barbarie e non outra cousa. Pero posto que xa nada é o que parece, a guerra ben podería incorporarse ao noso vocabulario como unha das tantas maneiras de citar o progreso.

É entón cando a guerra equipárase á democracia ao estremo de ser unha e a mesma cousa. Unha democracia máis preocupada por estender o seu dominio absoluto sobre aquelas sociedades consideradas atrasadas que por facerse útil aos ollos dos nosos contemporáneos.

Así o sinnúmero de conflitos bélicos que a día de hoxe marchan sobre a vida de millóns de persoas ao longo e ancho dos cinco continentes, responderían mellor a unha cuestión de carácter humanitaria, segundo o parecer dunha ONU transmutada en oficina de recrutamento militar, que non a unha estratexia común en materia expansionista.
Leer mais

viernes, 11 de diciembre de 2009

Hoxe venres 11/12, concentración por Aminatu Haidar en Vigo


O ministro de xustiza de Marrocos, Abdelwahed Radi, afirmou hoxe que non e "seu problema" si la activista saharaui morre por mor da folga de fame que mantén despois de que fose expulsada do seu país.

¡Fagamos que o sexa!

Hoxe venres ás 20 hs diante do MARCO, concentración por Aminatu Haidar.